PARA VER FOTOS PINCHA [AQUÍ]
Para min, para o noso clube e para todos aqueles que fixeron posible que eu estea hoxe aquí recollendo estes galardóns , eses, son sen dubida os meus alumnos a miña xente e o noso patrocinador, Conxelados Asturgalaicos, o cal sempre está a colaborar con nos, dunha forma desinteresada.
Está gran familia que e o Taekwondo Galego, tamén merece o meu agradecemento pola gran acollida que me deparou, dende o primeiro momento, me sentín arroupado por todos. Dende a presidenta, directivos, deportistas, técnicos e demais compañeiros.
Esto fai que o traballo que se ten que seguir realizando dende o Clube Jansu, dende estes momentos, para seguir a elevar o taekwondo na nosa Provincia, contando con entidades publicas como neste caso a Federación Galega de Taekwondo, anque non e pouco, sempre será mais doado.

Tampouco quixera esquecerme, do gran colectivo que forman os árbitros, do cal formo parte. E para terminar, quixera facer mención o meu Concello de Vilalba, o cal sempre esta disposto a colaborar co Taekwondo nas distintas actividades que o longo doa no se desenrolan na Vila, o clube Neka de Monforte galardoado co mellor clube da Provincia de Lugo do ano
2007, o clube Taeguk de Sarria e o Ximnasio Sportsaude de Lugo, e os medios de comunicación, Ser Deportivos, tamén galardoado como mellor medio de difusión audiovisual no ano
2006, e Maña en Xogo, galardoado como mellor medio escrito do ano
2007, xa que o traballo que se está a realizar na provincia de Lugo non sería posible sen a súa colaboración.
E como non, tampouco podería, terminar sen agradecer a unha persoa, unha persoa da que ningún practicante de taekwondo podería esquecerse nunca, esa persoa e o seu mestre, e a vedade, como bo practicante eu tamén quero mostrar dende aquí o meu eterno agradecemento a figura que representa practicamente todo e que eu son neste momento dentro do taekwondo.................., esa persoa e Juan Carlos López Eiriz.
Moitas gracias por todo mestre.
Vilalba 3 de marzo de 2007
Asinado Juan Carlos Quintana Domínguez