Seleccione Idioma da Interface:
|
|  |
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ ADESTRAMENTO
O pasado fin de semana concretamente o día 18 , nos desprazamos a Bergondo para adestrar conxuntamente cos alumnos do clube Han´s Horang, as ordes do seu Mestre Shin Seung Han, tanto os alumnos do Jansu de Vilalba, como os alumnos que adestran no Sportsaude en Lugo, baixo a dirección de Jorge Moreno e Fernando Rubal, quedaron moi satisfeitos do cursiño, a continuación tívose unha cea que serviu como reunión de confraternidade o mesmo que se comentaron distintos aspectos técnicos da nosa arte marcial.
|
|
FESTA DO DEPORTE VILALBA 8 DE XUÑO DE 2008
|
|
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ
O día 8 celebrouse en Vilalba a Festa do Deporte, iniciativa da Consellería de Cultura e Deporte e Fundación Deporte Galego en colaboración co Concello de Vilalba, e distintos clubes da zona, no caso que nos ocupa, cabe falar do Taekwondo que a través do Clube Taekwondo Vilalba Jansu, xuntou a case 50 deportistas, cos que estivo a traballar distintas técnicas, e mesmo amosoulles os pais cal era a maneira de traballo que se usaba no clube para que os nenos/as, vaian acadando cada vez mais coñecementos dentro deste deporte, o final montouse un taller de coreografías para demostración, as cales fixeron as delicias dos alí asistentes como publico.
Vilalba 8 xuño de 2008
Asinado Juan Carlos Quintana Domínguez
|
|
CURSO DE DEFENSA PERSOAL EN SARRIA
|
|
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ
O día 31 de maio Sarria foi o escenario dun curso de defensa persoal, este curso tivo lugar no club de Sarria Tae Guk , en horario de 11:00 a 13:30 e de 16:30 a 18:30 , o cursiño tivo gran aceptación xa que, quedou un claro compromiso, tanto polos asistentes como pola persoa que impartiu o curso para darlles unha continuidade.
|
|
FESTA FIN DE CURSO 07/08 RÁBADE
|
|
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ
Un ano mais chegamos o fin das actividades deportivas estra escolares, Rábade e un dos Concellos de Lugo que todos os anos dedica un día para este menester, para que as nenas/os que estiveron a traballar durante o curso escolar amosen o seu traballo, e desta maneira os pais e nais poidan comprobar o seu progreso dentro da modalidade na que estivo inscrito .
|
|
O Cachibol Como Mantemento E Diversión Para Os Nosos Maiores
|
|
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:
O Cachibol Como Mantemento E Diversión Para Os Nosos Maiores
Unha vez mais temos que falar dos nosos maiores e do cachibol , a xuntanza realizada en Vilalba, na que mostraron as súas habilidades dentro desta modalidade deportiva, ademais de coñecer e relacionarse con outras persoas con as mesmas inquietudes.
|
|
Campionatos: CAMPIONATO DE GALEGO DE LOITAS OLÍMPICAS VILALBA 24 DE MAIO DE 2008
|
|
PARA VER VIDEO PINCHA AQUÍ: PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:
Gran acollida do Campionato de Loitas Olímpicas Infantil, realizado en Vilalba, para que poidades ver o alcance do mesmo, podedes ver uns vídeos e unhas fotos no que queda patente o bo traballo realizado polos organizadores e polos participantes.
|
|
TAEKWONDO PARA ADULTOS EN RÁBADE TEMPADA 2007 / 2008
|
|
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:
Este ano comezamos as clases para adultos no Concello de Rábade, comezamos xa coas actividades en marcha, pero entre todos os participantes disfrutamos todos os Mates e Xoves desta actividade, así que para o ano vindeiro contamos sumar novos artistas marciais o grupo, creceremos como grupo e como artistas marciais recollendo todo o beneficio que nos poida aportar o Taekwondo.
|
PARA VER FOTOS PINCHA AQUI:
O día un de xuño celebrouse en Monforte, a Copa Deputación de Técnica de Taekwondo, o clube Taekwondo Vilalba Jansu – Coxelados Asturgalaicos , participo neste evento desprazando para elo un nutrido equipo de competidores, esta fase provincial nos da a posibilidade de participar os tres mellores de cada categoría, na fase final en Carballiño (Ourense) o día 14 de xuño, os gañadores do provincial e clasificados para a Copa Federación son los seguintes deportistas:
|
O día 17 coincidindo co día das Letras Galegas, o clube Taekwondo Vilalba Jansu – Conxelados Asturgalaicos, desprazouse A Coruña para participar, no III Campionato de Taekwondo Cidade Da Coruña.
|
|  |
|
¿Aínda non ten unha conta? Pode crear unha. Como usuario rexistrado terá ventaxas como selecciona-la apariencia da páxina, configura-los comentarios e envia-los comentarios co seu nome.
|
|
A visualizacion desta web podese facer en varios idiomas, mais non nos facemos responsables dos posibles erros en canto a traducción, xa que é unha traducción automatizada.
Clube Jansu.
|
|
Hoxe non hai Gran Historia.
|
|